CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 77: Dicir adeus, dicir quérote

27/11/2007

As viúvas de A Vida por Diante seguen enfrontándose aos problemas e novidades do día a día. Por unha banda, Eusebio decidiu cambiar o mar pola terra firme e chegou o momento de despedirse dos seus compañeiros de mareas, mentres que Renata se vai facer cargo agora do bar que dirixía Roberto, xa que o seu antigo xefe vai deixar Sada para vivir coa súa moza.

Sofía cada día está peor, xa que confunde á xente que vive ao seu redor e nunca chama a ninguén polo seu nome. Doutro lado, Andrés recibiu unha tentadora oferta de traballo de Ferrol. Está moi confuso xa que Marta está moi centrada en Sofía, e non atopa o momento nin a maneira de expor a posibilidade dun traslado.

Noutras escenas, a casa de Lucía está moi revolucionada pois un compañeiro de Mila chamado Damián chama constantemente a rapaza e en horarios intempestivos. A pobre Mila converteuse no centro de todos os contos da súa familia, xa que podería ser o seu primeiro mozo. Doutro lado, a relación entre Lucía e Xulián estase a complicar.

Atopar capítulo por: