CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 6: Man sobre man

18/05/2006

Sofía, que aínda non está recuperada de todo, ten que cumprir cos numerosos encargos da fábrica de costura se non quere que deixen de contar con ela. Marta ofrécese a axudala pero semella que, nin sequera así, Sofía conseguirá entregar nos prazos impostos.

Aurora, pola súa banda, recibe unha visita inesperada relacionada co seu defunto home. Esta visita levará á muller a reconsiderar todo o que foi a súa vida a carón de Manuel.

Renata afaise como pode ao traballo de camareira axudada pola paciencia infinita de Roberto. Os sentimentos do home cara Renata comezan a facerse evidentes e isto pode acarrear problemas entre eles.

Eusebio, que pensaba marchar a traballar a Ribeira, decide finalmente quedarse en Sada e volve enfrontarse con Bernardo polas súas reportaxes.

Atopar capítulo por: