CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 36: Encontros e desencontros

21/11/2006

O desamor será o protagonista deste capítulo de A Vida por Diante. Neste momento da serie en que parecía que novas ilusións enchían as vidas das viúvas do "Santoña", Lucía será a primeira en descubrir que os seus sentimentos por Bernardo non son os mesmos que el alberga cara a ela. Lucía e Bernardo non senten o mesmo o un polo outro. Así o descubrirá esta parella neste capítulo. Pero ademais, esta situación derivará en malentendidos e situacións incómodas. Bernardo quererá marchar da casa de Lucía mentres esta pensa que non é necesario. Mentres, Renata enfadarase ao saber que a sogra lle deu unha labazada á súa filla. Indignada, tentará acelerar o proceso de recuperación da custodia da nena. Marta, enfadada con Andrés, valorará a posibilidade de deixar a relación. Entón será Andrés o que dea un novo paso pedíndolle a Marta que marche vivir con el. ¿Deixará Marta a Sofía soa para vivir co seu mozo? O desamor tamén aparecerá na vida de Aurora. Hans, o mozo de Carme, desprazarase a Santiago para realizar un traballo. A Aurora non lle quedará outra que acollelo na súa casa. A relación entre eles nunca fora boa pero Hans daralle unha sorpresa a Aurora e fará algo que a deixará totalmente descolocada.

Atopar capítulo por: