Ben falado
Capítulo 336 de Ben Falado: A Domus
04/10/2010
Os Museos Científicos da Coruña son unha boa mostra de que en galego tamén se fai ciencia. Cando se estuda como renace a conciencia de identidade dos pobos sempre encontramos catro etapas: na primeira só falan os poetas, na segunda incorpóranse os lingüistas e os historiadores, na terceira os economistas e os científicos e na final aparecen os políticos. Que hoxe se faga ciencia en galego demostra que o galego entrou con paso firme e que a conciencia de identidade medrou e medra .