CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 33: Alma de heavy metal

24/05/2005

O proceso de madurar. Diego atopa no trasteiro recordos da súa época de heavy metal.

Lucía, Sebas e Fran discuten polo desastre no apartamento, consecuencia da lacazanería de Fran. De súpeto chega por sorpresa Maruxa, os curmáns pídenlle a Fran que utilice algún dos seu métodos para que esta marche. Pero cando Fran comproba que con Maruxa non da pancada na casa, comerá quente, terá roupa limpa e pranchada, e poderá ver as telenovelas, fará o imposible para que quede. Rosa convence a Lucía e a Ana para que actúen nun local, as mozas preparan o espectáculo e levarán unha sorpresa cando a "representante" lles revele o lugar e lles amose o vestiario.

Rosa cre recoñecer en Raúl a un destacado cantante heavy dos oitenta; xunto con Diego no parará ata desenmascaralo.

Atopar capítulo por: