CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 25: Sumerxidos

22/03/2005

Ana suxírelles a todos no bar, que deben loitar polo que queren. Toman boa nota, Fran tan só debe averiguar o seu maior desexo. Lucía pola súa parte, non quere pasar a vida arrepentíndose de non facer o que anhela: irá trás do seu soño, interrompido por Nuria, quen lle suplica que interceda ante Fran para que volva con ela.

Sebas comunícalle aos seus pais que quere xogar a waterpolo, sairanlle músculos e mozas por todas partes.

Raúl pensa en traspasar o bulevar, ansía marchar a Brasil. Ana e Diego temen perder o seu pub favorito e argallan un plan, que a piques está de levar o bar á ruina.

Atopar capítulo por: