CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 189: Sedutores

04/10/2009 22:00 h

A relación entre Freire e Tomás, pai e fillo, parece esgotada. Freire non cede, non atende a razóns a pesar de que Tomás intenta achegarse a el para intentar salvar os seus vínculos familiares. O corazón de Freire non aguanta tanta presión, está ao límite. Por todo isto, Tomás vaise quedando cada vez máis só no pobo. Todo o mundo dálle as costas, ata María. O único ao que parece divertirlle todo isto polas vantaxes que poida sacar é ao sinistro Varela.

Freire e Manuel intentan independizarse da xestión que Pedro está levando a cabo respecto da construción do encoro. Contratan os servizos dun técnico supostamente independente que acredite a viabilidade da obra. Todo isto estalles saíndo moi caro. As finanzas de Freire tamén comezan a fraquear... Un indicio de esperanza albíscase grazas á intervención de Marcos, que xa é avogado. O artigo reescrito por Laura e María poida que vaia ver a luz nun diario de tirada nacional.

Don Venancio está moi preocupado polos adulterios no pobo. Chegáronlle noticias que esixen da súa intervención. Coincide, ademais que unha revista pornográfica circula polo bar e que resulta ser unha delicia para uns cantos. Don Venancio comeza a entrevistar ás mulleres do pobo para investigar acerca das súas relacións coas súas parellas. Indúceas a ser máis agarimosas con seus homes para non teñan tentacións de ir con outras.

O cura desenvolve un plan coa axuda de Cosme para evitar os adulterios dos homes. Vestiranse de mulleres para pór a proba aos homes.

Atopar capítulo por: