CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 165: 'Crónica dun pasado recente'

28/06/2020 22:00 h

Marga e Quique xa teñen a Oliveira contra as cordas, ou iso é o que pensaban. A detención do sarxento pode considerarse como ilegal e, se non queren enfrontarse a Comandancia, terán que aceptar as explicacións de Oliveira e colaborar con el para atrapar o responsable das ameazas a Quique.

Mentres tanto, Leandro asina o contrato cos Fiúza para a ampliación do serradoiro, pero Hugo non se fía de todo. O pasado que teñen en común é unha lousa moi pesada que o avogado dos Fiúza non será quen de levar e fará todo o posible por desfacerse de Leandro.

Pero en Serramoura tamén hai tempo para o amor. Roi e Catuxa están dando pequenos pasos para comezar unha relación, algo que os dous non buscan, pero que atoparán cando menos o esperan.

Atopar capítulo por: