CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 161: Fumando espero

04/01/2009 22:00 h

A nova de que os Cabanas van traballar na Fábrica de Tabacos causa gran revó no pobo, sobre todo que tamén Sara vai traballar. As mulleres do pobo, dirixidas por Iris, farán os seus pinitos como cigarreras. Tralas burlas das súas parellas e maridos elaborarán uns puros que
todos tardarán en esquecer.

Sara segue sen estar convencida respecto ao de marcharen á Coruña. Séntese
temerosa e insegura do novo xeito de vida.

Manuel tenta pechar os seus asuntos coa cooperativa pero precisa xuntar un capital para poder sair do negocio. Os Freire e don Román tentarán facerse coas súas terras. A oferta de don Román resulta moi tentadora. Tomás non pode deixar de pensar en María. Escríbelle unha carta que Laura malinterpreta, pois ela non pode deixar de pensar en Tomás. Haberá que desfacer o entuerto.

Cosme non está ben. Cada vez lle custa máis seguir cara adiante. Pablo o nota.

Atopar capítulo por: