CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 158: Faltas contra o sexto

07/12/2008 22:00 h

Don Venancio terá unha nova preocupación, pois os nenos de Santalla empezan a introducirse no mundo dos adultos e, despois de observar as rapazas que aparecen no calendario de Elías, repararán nas pernas de Carmiña, de Deli... e de todas as mulleres que poidan imaxinar. O crego, moi alarmado por tales feitos, sairá ao rescate deles sen dubidalo.

Ademais, a Garda Civil segue a investigar a morte dos cabalos e Don Venancio está bastante nervioso. Por iso, esixiralle xogo limpo a Don Román, pero o alcalde non está disposto a acceder ás pretensións do crego. Nin o cura é capaz de dobregar a Don Román.

Doutro lado, María é destinada ao Caurel e Marcos despídese dela con desprezo, o que provocará un enfrontamento con Tomás. Manuel tamén pretende marchar da vila coa intención de atopar traballo na Coruña, sen embargo, os Freire tentarán retelo en Santalla argallando estrataxemas administrativas relacionadas co eucaliptal.

Atopar capítulo por: