CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 157: Fallar o penalti

10/12/2012 22:15 h

Elsa está ata o nariz de que todo o mundo na vila a tome por parva. Aínda que nos últimos días aos veciños parece non faltarlles motivos para tal crenza. E é que, pode que por descoñecemento, a pastora nunca saldou as contas con Facenda e agora reclámanlle unha cantidade de cartos que Elsa non viu xunta en toda súa vida. Elsa decide marchar da vila, pero abandonar Louredo non fará que a débeda desapareza e os seus aínda veciños deciden axudala.

    Facendo gala dunha xenerosidade inaudita e esquecendo a súa tormentosa relación, Puri é a primeira en ofrecerlle diñeiro. Pero Elsa rexéitao porque ten a firme intención de saír desta situación sen axuda. Como pensa facelo? Organizando un mercado coas súas pertenzas. Os veciños, incapaces de quedar cos brazos cruzados, intentarán comprar as propiedades da pastora a un prezo maior do que pide.

    E se uns ameazan con marchar de Louredo, outros fano con chegar. E é que Fina pode estar embarazada e para saír de dúbidas decide facer unha proba, pero de casualidade Josito encontra a proba e axiña todo Louredo sabe a noticia.

Atopar capítulo por: