CRTVG

Buscar

Mareas vivas

Capítulo 150: A miña terra

26/01/2003 16:53 h

Suso, Mangui e o resto de mariñeiros están moi enfadados coa confraría e co Concello xa que se lles estropeou a máquina de xeo e non se pode arranxar porque non hai cartos. Sen embargo vaise inaugura-lo pantalán deportivo que é moi bo para o turismo pero a eles non lles da de comer, Petróleo e Rosa, alcalde e presidenta da confraría respectivamente non saben como calma-los ánimos, e finalmente Mangui e Suso abandonan como tripulación o barco de Petróleo.

Carlos e Rosa están a pasar unha crise na súa relación, xa que apenas se comunican, pero cando Rosa descobre que está embarazada todo parece cambiar e incluso Carlos merca unha finca para construir alí a súa futura casa.

Sabela ten un lío tremendo no xulgado por un antigo caso de herdanzas que leva moito tempo sen solucionarse, para arranxalo pídelle axuda a Carlos.

Atopar capítulo por: