CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 141: O estilo Pereira

19/12/2001 17:15 h

Miro viste peor cada día, e Balbina dille a Antón que ou fai algo por cambia-la imaxe de Miro ou non volve a comer gratis no Suízo.

Paspallás aparece polo Suízo cun canciño pequeno que está a coidar e Paula Barreiro pídelle ao seu pai que compre un. Pedro pensa que a súa filla non é responsable para coidar dun can e proponlle que pase un tempo coidando dunha botella de Ribeiro como se fose un animal.

Antón intenta renovarlle o vestiario a Miro e encóntrase con Paula paseando a súa botella como se fose un can. Cando volve ó bar coa roupa nova de Miro, este pona a súa maneira, a gravata nun peto, un pano colgando dun cable que fai de cinto... Nese momento pasa polo Suízo Giorgia Armario, unha famosa deseñadora que se namora do seu estilo e bautízao co nome de estilo Pereira.

Moi pronto todo o mundo se rende á nova moda e Miro e Antón pensan facerse ricos fabricando os seus propios complementos.

Atopar capítulo por: