CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 139: Denuncia, que algo queda

12/12/2001 17:15 h

  Balbina e Mónica non queren repartir as propinas do Bar con Miro, porque en realidade todos os clientes que el atende marchan sen deixar propinas. Balbina decide darlle a súa parte á señora Carme para que faga unhas reparacións na Casa de Turismo Rural.

  Miro denuncia a Balbina na comisaría por roubarlle as propinas. O policía Avelino vai ao bar Suízo a investigar o asunto xusto no momento en que Balbina lle fai entrega á súa sogra do bote das propinas, polo que Avelino decide levar detida a señora Carme. Todos intentan convencelo de que retire a denuncia para poder sacar a avoa  Carme da comisaría.

  Por outro lado, Paula e Roi están desgustados con Pedro porque está moi absorbido polo seu traballo e non lles fai ningún caso, polo que Paula decide facerse pasar ante a policía pola verdadeira ladroa das propinas e chamar así a atención de seu pai.

Atopar capítulo por: