Serramoura
Capítulo 131: 'Noite de mortos'
02/12/2018 22:20 h
Unha tumba do cemiterio apareceu aberta e desapareceu o corpo que estaba soterrado. No cuartel, tanto Roi como Marga sospeitan que se trata dunha vaga de vandalismo, pero Tomás opina que o caso é diferente, xa que ninguén rouba un corpo sen un motivo.
Despois de interrogar a filla da falecida, Marga e Roi achéganse ata a casa da Roxa, unha bruxa que vive en Serramoura e que tivo varias discusións coa morta. Pero, a aparición dun corazón no cemiterio obriga a Marga e Roi a enfocar o caso doutro xeito.