CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 13: Sol e sombra

08/05/2005 22:00 h

Manuel chega á escola de Santalla en auxilio de Laura, e para súa sorpresa a quen atopa é a don Román abatido por un tiro. Isto fai que chegue tarde a coñecer ó novo integrante da familia: Lolo.

Laura malferida e atendida por Telmo, desaparece, pero Toña vai buscala para informarlle do estado grave no que se atopa o seu marido. A tranquilidade de Adela é asaltada pola dúbida sobre a inocencia do seu pai, teme que éste tivera que ver co asalto a don Román.

Álvaro tenta por tódolos medios ocultar a súa implicación nos feitos ocorridos na escola. Marisiña cóntalle a Elías súa grande admiración polas mulleres dos toureiros. Elías para gañar a súa simpatía comeza a prepararse nas artes taurinas.

Na casa dos Cabanas prodúcese un auténtico misterio, os chupetes de Lolo desaparecen incesantemente. O paradoiro de Lolo tamén acaba sendo un misterio que fai tolear a toda a familia.

Laura ó enterarse da gravidade de Román, decide abandonar toda posibilidade de fuxir con Telmo. Éste, toma unha decisión que da un xiro ás súas vidas.

Ante a extrema gravidade de Román, Marcos decide poñer en orde os papeis do seu pai. Isto fai que descobra algo que afectará directamente a Laura e a él mesmo.

Atopar capítulo por: