CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 116: A vida é teatro

21/06/2000 17:00 h

Paula Barreiro segue coas súas aspiracións a actriz e agora preséntaselle unha inmellorable oportunidade para a súa carreira, xa que un dos máis coñecidos directores de teatro do país, resulta ser amigo da infancia de Antón.

Pero o problema é que, a pesar da vella amizade, o director de teatro non ten ningún interese por Paula como actriz, aínda que lle ofrece un traballo como administrativa. Ademais, ó director gústalle a xente independente e decidida, non as rapaciñas que viven con papá, polo que Paula, que non se da por vencida, pretende demostra-lo seu carácter incluso casando con... Miro Pereira, un enredo de consecuencias imprevisibles.

Atopar capítulo por: