CRTVG

Buscar

Chapa e pintura

Capítulo 11: A muller que matou a Pitusa Balans

25/09/2014

Traxicómica morte no salón de peiteados.

Noe arrastra un terrible trauma dende a nenez: a moza aprendiz de peiteadora está convencida de que é unha asasina en serie. E motivos para crelo non lle faltan pois, ao longo da súa vida son varias as persoas que faleceron só tras entrar en contacto con ela. Primeiro foi o seu avó, un profesor da súa adolescencia e ata a instrutora da autoescola... A maldición parecía ter desaparecido cos anos, pero a morte de dona Pitusa, clienta habitual do salón, tras as atencións da aprendiza, farán que Noe se sinta moi culpable e algo paranoica. Ou, máis ben, moi paranoica e algo culpable.

Lola, moi afectada pola morte en soidade de Pitusa, a súa compañeira de peiteados, decidirá facerse cargo do funeral da defunta. Grazas á súa insistencia, todos os veciños se sentirán na obriga de participar nas honras fúnebres. Aínda Que o como participar non queda demasiado claro. Pola súa banda, Ciriaco, o máis veterano da Rúa dás Zocas, decidirá ser previsor e organizar todos os detalles, para cando a el lle chegue o momento.

Pola súa banda Raúl, que vive máis ao día e pensa menos no futuro, non tardará en ver a parte lucrativa da situación. O ex de Chelo montará unha ruta turística, con vista guiada polos principais escenarios relacionados coa tráxica morte de dona Pitusa.

Atopar capítulo por: