CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 108: Partos e parteiras

07/10/2007 22:00 h

Lupe segue na cadea e don Román búscase outra colaboradora para levar a cabo os seus plans contra Freire, Deli e o seu futuro fillo. Trátase de Gloria, a celadora do cárcere. Gloria, para evitar demasiados riscos, pídelle a Román que faga o posible para que Deli dé a luz en determinado sanatorio da Coruña. O alcalde utiliza a Laura para que visite os Freire, e inocentemente, lles recomende dita institución para que Deli dé a luz.

Mentres, Elvira e Carmiña rivalizan por asistir a unha coella que está a piques de parir na casa dos Cabanas. Elías documéntase lendo libros de puericultura. Freire e Deli deciden no último momento, seguir as indicacións de dona Laura e marchan á Coruña.

Os asistentes ó parto da coella, reciben a nova do nacemento do neno dos Freire, e para celebralo beben descontroladamente. Cando espertan, o animal xa tivera as súas crías sen a menor axuda.

Deli xace medio durmida xunto a seu bebé, Gloria entra na habitación disfrazada de enfermeira e leva ó neno. Ó decatarse da desaparición, Deli sofre unha crise nerviosa.

Tomás, decátase de que está namorado de Laura. Debido a un malentendido, María cre que Marcos volvera ás andadas, pero en realidade quedara con Tomás para xogar unha partida de xadrez.

Atopar capítulo por: