CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 101: Contas pendentes

20/05/2007 22:00 h

Elvira escandalízase cando Don Venancio conta que casou a Freire e a Deli, Tomás preocúpase polos motivos que puideron levar ó enlace e súas implicacións, Carmiña atorméntase pensando que nunca vai casar. Mentres, Freire debátase entre a vida e a morte.

O enfrontamento entre Manuel e Tomás é inevitabla, posto que se está poñendo en dúbida o honor dos Cabanas. Tomás atopara o testamento do seu pai a favor de Deli e, acusa ós Cabanas de seren uns aproveitados.

Elías faille crer a Carmiña que van casar, á vez que argalla unha artimaña esperando que a moza perda toda esperanza. Marcos, atemorizado por Portas, decide poñer terra por medio e marchar a
París. As escrituras que o xove lle dera a Soutomaior, son falsas, polo que o extorsionador decide vingarse. Só un arrebato de tenrura de Álvaro lle fará gañar algo de tempo ó xove Lamela, o criado chámao e advírtelle que marche inmediatamente porque súa vida corre perigo.

Cando don Román leva a seu fillo, teñen un accidente con outro coche do que se baixa o señor Portas.

Atopar capítulo por: