CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 26: Un ano despois

12/09/2006

Quique está decidido a marchar ás plataformas petrolíferas. Pero a perspectiva dun cambio de rumbo na súa vida sentimental faino vacilar na súa determinación. Renata, atormentada pola súa soidade, está a piques de recaer na bebida. Será a axuda incondicional dunha das súas amigas a que lle dea unha razón sólida para seguir intentándoo. Aurora, aínda que afectada pola decisión de Carme de abortar, intenta non entremeterse e atopar o mellor xeito de apoiar á súa filla. Coa proximidade do cabodano da morte dos catro mariñeiros do Santoña, as viúvas, en especial Sofía, rememoran o acontecido desde a desgraza. Tiveron que superar momentos duros e ás veces as forzas fraquearon, pero xuntas conseguiron chegar ata aquí. E agora, máis que nunca, teñen toda unha vida por diante.

Atopar capítulo por: