CRTVG

Buscar

Avenida de América

Capítulo 9

18/01/2021 13:40 h

A chegada do Sr. Pintado é inminente. Merche séntese triste e deprimida xa que a inspección de Ensino lle comunica a apertura dun expediente e a investigación sobre o enfrontamento co alcalde. D. Mario fai unha fotos que serán, cando menos, confusas para quen as vexa: Merche e Ramón abrazados nun recanto do xardín. Ramón cóntalle a Merche unha idea que ten para resturar as relacións co concello: deben colocar a placa que lembra a don Eladio Pintado.

Atopar capítulo por: