CRTVG

Buscar

Auga seca

Capítulo 9

22/11/2021 23:00 h

Teresa vai demasiado lonxe, facendo preguntas na empresa de transportes responsable do traslado da maquinaria da auga seca. Mauro insiste, precisa tomarse un descanso, volver a casa. Mentres tanto a policía interroga a Silvia.

Desesperado, Mauro busca un plan para protexela. Suporía sacrificar a reputación de Fran, algo que sabe que vaille traer problemas con Irene. En Lisboa, Lázaro contratou un sicario, Nuno, para matar a Abel.

Viñas alégrase de que Teresa volva a casa, pero antes de que marche sería útil que lle botara unha ollada a algúns documentos da nave, tal vez ela poida atopar algo. A atención de Teresa repara nun detalle, pero o garda para si mesma.

Atopar capítulo por: