CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Mogor (Marín), Fontenla-Balea (Barreiros) e San Francisco (Muros)

21/07/2021 23:30 h

Comezamos polo sur, na provincia de Pontevedra. No concello de Marín está situada a Praia de Mogor. Un areal con augas de cor turquesa, rodeado por abundante vexetación e arboreda e servizos tanto de hostalaría como aparcamento aos arredores.

Visitamos a praia de Fontenla-Balea no concello de Barreiros. Situada entre as praias de Coto e Lóngara, encaixada entre fermosos pedregais e rochas que lembran a praia das Catedrais-Augas Santas. 

Por último, na provincia da Coruña, visitamos a Praia de San Francisco, no municipio de Muros, moi próxima ao Monte Louro. Unha praia rodeada por un extenso piñeiral que permite descansar e xantar á sombra, con varios locais de ocio nos arredores, servizos de socorrismo, cámping próximo e tamén lugares de ocio para os máis cativos.

Atopar capítulo por: