CRTVG

Buscar

Náufragos

Antonia González Postigo (Rinlo, 2009) e Mariscador (Celeiro, 1989)

19/08/2016 02:15 h

Antonia González Postigo levaba toda a vida traballando de percebeira no porto de Rinlo. No Nadal de 2009 andaba ao percebe na punta Lin, ao pé da súa casa, cando ao saltar dunha rocha para outra esvarou e caeu. O golpe que resultou da caída fixo que perdese o coñecemento e acabase no mar boca abaixo, chegando así o final dos seus días. 
Pola súa parte, o Mariscador, con base no porto de Celeiro, regresaba de faenar no Gran Sol o 14 de decembro de 1989. A 110 millas de Estaca de Bares produciuse unha vía de auga na sala de máquinas que non foi posible taponar. Os seus 17 tripulantes tiveron que abandonar o barco nas balsas de salvamento pese ao forte temporal.

Atopar capítulo por: