A Solaina de verán
A Solaina de verán. Programa 50 (05/09/2011)
05/09/2011 17:15 h
A revista das tardes da Galega “A Solaina de Verán” comeza a semana conectando en directo con Portomarín, desde onde ofrecerán música da Charanga O Xugo e a receita dunha das sobremesas máis típicas da vila: a torta de Portomarín.
Outros contidos do programa de hoxe será un faladoiro con convidados e colaboradores onde debaterán, entre outros asuntos, si sabemos ou non reciclar. Amais os espectadores coñecerán un pouco máis pratos onde o protagonista é a carne de cabalo e actuará o grupo Pink Blanket.