CRTVG

Buscar

A Sariña busca pretendentes

A Sariña busca pretendentes 11

18/05/2022 23:00 h

Neste programa as tres parellas de concursantes afrontan un complicado xogo, que dará lugar a unha das máis curiosas recompensas desta edición do concurso. Os gañadores poderán facer uso das “veciñas madriñas”, unhas simpáticas señoras que veñen facer todo o que lles pidan -ou todo o contrario- durante este primeiro día de obra. Obviamente, a presenza das madriñas complicará o avance na reforma, que sufrirá máis dun atraso. Así as cousas, mentres os de Carballo intentan empastar e pintar a fachada posterior da casa, os outros equipos traballarán en dúas das alcobas do andar superior. No cuarto infantil, os Gandereteiros, Vítor e Budiño, sufrirán abondo entre o empapelado das paredes e a colocación da moqueta, e non terán apenas descanso en toda a semana. Xusto ao seu carón, as Dispostas tamén traballarán arreo no futuro despacho, un cuarto que non é moi grande pero que lles vai ocasionar enormes problemas. De todos estes esforzos e desvelos imos ver o resultado na gala final do programa, na que, coma sempre, non faltarán as emocións. Todos queren gañar as dúas chaves que hai en xogo e abrir con elas as portas da gran final.

Atopar capítulo por: