CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

A Revista FDS

20/02/2021 12:10 h

Índice de contidos

00:02 Presentación do programa
02:38 Un estudante de económicas está a facer da súa afección un negocio. Amais de pintar cadros, fai máscaras, camisolas, suadoiros e decora coas súas pinturas bolsos.
06:08 Hoxe queremos levalos ata A Chaira, un lugar poético, cun magnetismo, cunha luz e cunhas cores especiais, unha viaxe que emprendemos abrindo as tapas da novela gráfica do mesmo nome, que leva a sinatura de Antonio Seijas e a edición de Juan Carlos San Miguel
17:18 'Dígocho eu'
22:35 Mapa da covid. Últimos datos actualizados da pandemia en Galicia
23:56 Conectamos en directo con Gondomar, onde a caída dunha arbore provocou un accidente.
27:48 Inundacións en Vimianzo, onde arestora caeron xa máis de 80 litros por metro cadrado de chuvia. Conectamos en directo.
32:15 Sabían vostedes que na nosa veciña Castela e León tamén se estuda galego? Hoxe imos falar con dúas galegas profesoras de galego no Bierzo, en Ponferrada. Marta González, xefa do departamento de galego da Escola Oficial de Idiomas, e María Novo, profesora no IES Europa.
42:30 Falámoslles agora de comercio xusto e dunha cooperativa galega que convida a un consumo responsable. Estivemos en Lugo, en Bico de Grao, con dúas das súas socias.
46:33 O cine da TVG, con Moncho Lemos
53:21 Adianto Informativo, con Irene Lourido
55:05 O tempo, con Diego viaño. Conexión en directo con Vimianzo para coñecer a evoñución das inundacións.
01:02:13 Os fisioterapéutas nas UCI poden acurtar a estadía dos pacientes ata dous días de media. Do seu papel nesta pandemia falamos con Sonia Lugrís, fisioterapeuta, do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. Traballa na UCI do CHUAC.
01:11:30 Despedida do programa coa música de Neil Diamond, que fixo 80 anos.

 

 

Atopar capítulo por: