A revista
A Revista
12/06/2020 11:55 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 12 de xuño adiantando os contidos do programa: as máscaras correctas para protexernos, o Corpus deste 2020 e os furanchos. Conectamos en directo con Ponteareas e cun furancho en Vilaboa
Os balnearios reabren só hoteis e restaurantes, a parte de augas termais ten que esperar
Propostas culturais cos compañeiros do 'ZigZag'
No 'Dígocho eu' non nos deixan ir de 'cañas', pero si de cervexas
Corpus 2020 diferente. Con alfombras florais nos balcóns e escaparates. Coñecemos o sentimento de representantes de Ponteareas, Redondela e Ares. Vemos as alfombras florais dunha residencia de maiores e visitamos Ponteareas en directo
Tempo para coidar as nosas hortas, con Carmen Freire. Aprendemos a facer semilleiros de cabaciñas e feixóns para poder plantar a mediados de xullo
As máscaras correctas para ir protexidos e protexer os que nos rodean. Coidado con fixarse só no deseño. Alternativas que nos trouxo o farmacéutico Abel Eiras
Fotos que nos mandan @s revisteir@s
Os furanchos, a súa historia e esencia. Visitounos o presidente da federación provincail de furanchos, José Luís Videira e o responsable da páxina defuranchos.com, Fernando Portomeñe. En directo comprobamos como un reporteiro desescalaba nun furancho e facemos un repaso pola historia destes locais
Última hora: rebenta un depósito de auga en San Vicente do Mar, O Grove, e causa importantes estragos materiais
Octavio Villazala veu acompañado duns cans bebés. A un deles deulle o biberón en directo. Tamén trouxo unha cadela para adoptar. Ampliamos tamén a última hora
Información do tempo, con Mabel Montes
Rematamos lembrando a última hora do depósito de auga que rebentou no Grove e que deixa importantes danos materiais