CRTVG

Buscar

A miña familia pola túa

Programa 12: Comida natural vs. comida procesada

24/03/2021 22:30 h

Aínda que comparten xuventude, estas familias nada teñen que ver entre si. Unha cría aos fillos no campo e agradece todo o que a natureza lle ofrece. E a outra non ten descendencia e o que precisa chega envasado dende o supermercado. Durante unha semana de convivencia, tratarán de aprender o que é ser o outro.

Bea é mestra de canto e apoia incondicionalmente ao seu home para que chegue a ser unha figura no mundo da música. Cando os focos se apagan, o matrimonio cría a dous pequenos na parroquia de Carracido, O Porriño. Na finca que hai ao redor da casa cultivan de todo para abastecerse ao longo do ano e crían animais para sacrificar e alimentarse. Viven conectados coa natureza e son consecuentes co mundo que van deixar aos novos.

Dani vive en Narón. Traballa no exército e soña con ser director de cine, aínda que tamén lle valería reencarnarse en calquera heroe das películas dos oitenta. A súa moza quere ter fillos, pero para el nunca é o momento. O grupo de peculiares colegas que o acompañan xa lle rouba bastante tempo como para andar a pensar en cativos. Defende que todo o que precisa atópase nun supermercado e, se pode vir troceado nunha bandexa, pois mellor.

 

Atopar capítulo por: