CRTVG

Buscar

Documental

A mesma terra

24/05/2022 23:30 h

É un documental sobre a terra e o home no rural galego. A terra é o principal medio de produción que ten o labrego. A súa propiedade ansiouse durante séculos. En Galicia deu lugar ás grandes manifestacións agraristas do século XX en contra do sistema contractual existente durante séculos entre os propietarios e os usufrutuarios: os foros. Redimíronse estes a finais do século XIX e primeiros do XX, época moi tardía que traería malas consecuencias para a economía agraría do país. Eliminado o sistema feudal dos foros, o labrego seguiu sendo escravo da escasa terra que posuía, ata hoxe. Nesta nova etapa a subsistencia non é o principal problema, nin as rendas que antes tiña que pagar ao "señor". Agora hai que integrarse nunha economía diferente e facer fronte ás novas esixencias sociais.

Segue a ser escravo, traballando arreo e tendo que investir todo o seu aforro e endebedarse para mellorar o sistema produtivo. A terra estivo e está suxeita a outras circunstancias que marcaron o camiño do peculiar xeito de explotación agraria que predominou en Galicia, como son o minifundismo, a excesiva parcelación e os altos prezos dese ben tan escaso. Todo isto agravado por ser o Sector Agrario o predominante dentro da actividade económica ata hai moi poucos anos. No ano 70 do pasado século, a metade da pobación galega traballaba no Sector Agrario.

 

Atopar capítulo por: