CRTVG

Buscar

A liga dos cantantes extraordinarios

Programa 32

09/09/2021 22:30 h

A gran final da terceira edición de A Liga dos Cantantes Extraordinarios xa está aquí!! Os participantes non o tiveron nada fácil nesta ocasión, xa que cada semana tiñamos no escenario a os máis grandes da verbena galega.

Alba Navarro, Antonio Barros, Ruth Núñez, Danni Lamas, Noly, Alejandra Pais, Rocío Varela e Iria Quintáns, chegaron á final por méritos propios e terán que enfrontarse por última vez no escenario de A Liga dos Cantantes Extraordinarios.

Un programa cheo de emocións e grandes cancións interpretadas por cantantes máis que extraordinarios. Ademais teremos a visita de Noelia Solleiro que interpretará a canción gañadora do concurso Canción do Verán, "Vive Galicia"

Atopar capítulo por: