CRTVG

Buscar

A lei de Santos

Capítulo 8: A derradeira bala

19/09/2021 23:00 h

Despois do roubo á sucursal bancaria, do descubrimento de que Uxía é a súa filla, e da morte de Pancho, Santos marchou de Viladesantos na busca de novas aventuras. Pero despois dun tempo lonxe da civilización deuse conta de que está canso de levar unha vida criminal. Por esta razón volve a Viladesantos, e para buscar un traballo honrado, facéndolle a promesa a Uxía de que non vai volver delinquir. O malo de ser Santos é que cumprir o que se promete non é doado. O seu regreso a vila tamén supón encontrarse de novo con Peixe e con Abel, os outros membros da súa antiga banda criminal, e isto é o principal escollo para conseguir o seu obxectivo. Peixe está metido en problemas cun home moi perigoso, o Matachín, e Santos é o seu último recurso para sobrevivir.

Atopar capítulo por: