CRTVG

Buscar

A cociñeta

Homenaxe a José Antonio Búa Barreira, mestre e voluntario de Protección Civil en Caldas de Reis

22/05/2021 18:30 h

Neste programa, o elixido é José Antonio Búa, mestre no colexio San Fermín de Caldas de Reis, o mesmo no que estudou sendo cativo. Na actualidade está prexubilado, pero mantén unhas horas de docencia á semana para manter o vencello coa que é, sen dúbida, a súa vocación. Ademais, é un home moi comprometido, voluntario de Protección Civl dende hai moitos anos; e que prestou axuda en numerosas e diversas actuacións deste corpo, dende as habituais inundacións en Caldas de Reis durante os meses de inverno, a accidentes ou catástrofes puntuais tales coma o accidente do Alvia en Santiago de Compostela en xullo de 2013. Foi precisamente neste accidente onde coñeceu a súa actual muller, Esther, que comparte con el a paixón por Galicia e o amor incondicional á súa vila, Caldas de Reis.

Atopar capítulo por: