CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 156: Cinco e acción

03/12/2012 22:15 h

Se ata hai uns días era Urbano o que vagaba coma alma en pena despois de que o deixara plantado Sabela, agora é a ex-noviza a que está tremendamente desgustada. Tras decidirse a dar o paso, a muller queda atónita ao ver o policía bicándose con Gloria. Por iso, decide regresar á súa vida relixiosa. Pero as decisións tomadas en quente non sempre son as mellores e, aconsellada por don Rodrigo, Sabela decide non irse da vila, polo menos de momento. Permanecer en Louredo abrigaraa a convivir coa relación de Urbano e Gloria e, aínda que Sabela se empeñe en dicir e aparentar o contrario, a verdade é que morre de celos. 

A chegada de Gloria non perturbou unicamente a vida de Sabela, outra parella que sufrirá coa súa chegada. Delmiro, de quen a actriz foi un mito na xuventude, queda embobado con ela tras o encontro casual. Decidido a introducila na vida social de Louredo, o alcalde convídaa á partida de póker que hai organizada no bar de Lidia. Demostrando unhas habilidades extraordinarias para o xogo, Gloria desplúmaos. E, aínda que nun primeiro momento, este parecería o maior problema de Delmiro, pronto se dará de conta de que o peor aínda está por chegar: Moncha. A convivencia entre as dúas mulleres non só ameaza a súa estabilidade matrimonial senón os mesmísimos cementos sobre os que se manteñen o equilibrio que hai en Louredo. 

Atopar capítulo por: