CRTVG Viva https://www.crtvg.es CRTVG Viva Copyright 2021 Tue, 22 Jun 2021 07:13:20 +0200 Tue, 22 Jun 2021 07:13:20 +0200 gl https://www.crtvg.es https://www.crtvg.es/static/img/rss_logo_crtvg.png CRTVG Viva O documental checo ‘A conciencia como negocio’ aborda na G2 as consecuencias das neglixencias médicas https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-documental-checo-a-conciencia-como-negocio-aborda-na-g2-as-graves-consecuencias-das-neglixencias-medicas Tue, 22 Jun 2021 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-documental-checo-a-conciencia-como-negocio-aborda-na-g2-as-graves-consecuencias-das-neglixencias-medicas Santiago, 22.06.2021.-  A G2 ofrece este martes á noite ‘Infiltración: a conciencia como negocio’ (‘Infiltration: conscience as a business’), documental (23.30 h) realizado pola televisión pública checa que aborda as graves consecuencias das neglixencias médicas, por ignorancia ou omisión.

O equipo de produción do documental estivo dous anos observando con cámaras ocultas a realidade diaria de hospitais, institucións e clínicas. Neste tempo constatou a mellora da situación nas institucións sanitarias, con respecto a quince anos atrás, onde a meirande parte do persoal agora amosa respecto aos pacientes, aínda que se mantén o problema de base: persoal escaso e salario baixo, para demasiado traballo.

Ás queixas dos pacientes, xeneralizadas na arrogancia das batas brancas e na falta de información, cómpre salientar os erros fatais cometidos por profesionais que hospitais e autoridades sanitarias agochan. Xestión e cobertura legal de médicos e situacións coas que unha persoa con conciencia non podería vivir e, moito menos, as vítimas que teñen que vivir con iso toda a vida. Os pacientes contan só coa defensa de organizacións e avogados especializados.

]]>
Novas CRTVG
'Cousas da casa' axuda esta semana unha familia numerosa da Coruña a poñer orde no seu rocho https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/cousas-da-casa-axuda-esta-semana-unha-familia-numerosa-da-coruna-a-poner-orde-no-seu-rocho Tue, 22 Jun 2021 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/cousas-da-casa-axuda-esta-semana-unha-familia-numerosa-da-coruna-a-poner-orde-no-seu-rocho Santiago, 22.06.2021.- O programa ‘Cousas da casa’ (22.30 h) ten esta semana tres grandes retos por diante. En primeiro lugar, viaxará ata o centro da Coruña para coñecer unha familia numerosa. Santiago e Sara teñen cinco fillos, de entre 2 e 5 anos. A súa casa está moi ben organizada e ordenada, pero necesitan axuda no rocho de 20 metros. Despois de mercar o piso onde viven e de reformalo, acumulan moitas cousas, desde o material de obra ata as bicicletas e roupa de toda a familia. Para poder realizar o traballo, Vanesa Travieso terá que desfacerse da metade do que teñen e enfrontarse a un gran reto de organización.

A segunda familia á que vai axudar a organizadora profesional vive en Ribeira. Jose quere darlle unha sorpresa á súa parella Mónica arranxándolle o cuarto do piso que empregan para meter de todo. Tras anos e anos acumulando cousas, agora non é funcional. Vanesa traballará duramente con Jose para deixar un cuarto espectacular, onde gardar o que necesitan e atopar o que teñen de xeito sinxelo.

Por último, o espazo da TVG viaxará a Fene para coñecer a Iria e Miguel, unha parella nova que acaba de mercar un piso e comezar o seu proxecto de vida en común. Ela é terapeuta ocupacional e el está preparando oposicións para profesor de bioloxía. Pediron axuda para converter o cuarto que empregan para todo no lugar onde el poida estudar.


]]>
Novas TVG Programación TVG
A Radio Galega aposta este verán pola proximidade, o humor e a música https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-radio-galega-aposta-este-veran-pola-proximidade-o-humor-e-a-musica Mon, 21 Jun 2021 16:18:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-radio-galega-aposta-este-veran-pola-proximidade-o-humor-e-a-musica Santiago, 21.06.2021.-    A Radio Galega arranca este luns a súa programación de verán, que estará marcada pola información de proximidade e unha ampla oferta de programas musicais e de humor.

O ‘Galicia por Diante’ manterá durante os vindeiros meses os seus puntos de directo por toda Galicia cada mañá e estrea colaboradores de verán: a escritora Natalia Monje, o músico e escritor Pedro Feijoo e os membros do grupo Boyanka Kostova. O programa presentado por Kiko Novoa continuará ás 12.00 h coa sección ‘A Bóla Extra’, que aborda de xeito desenfado os temas de actualidade, e de 13.00 a 14.00 h abrirá á participación da audiencia unha hora dedicada á música, coa colaboración de Moncho Lemos. Ademais, continuará ofrecéndose en directo a edición de fin de semana deste magazine matinal.

O programa de información e entretemento ‘A Tarde’, presentado por Antón Rebollido, manterá o seu formato no horario de 16.00 a 19.00 h, así como os programas deportivos ‘Zona Mixta’ e ‘Ao Contraataque’. Nas madrugadas, o humorista Isi conducirá o ‘Pensando en Ti’, en substitución de Marcial Mouzo, desde o 1 de xullo ata o final da temporada de verán.

Nas tardes das fins de semana, durante o descanso das competicións ligueiras e, polo tanto, do ‘Galicia en Goles’, combinaranse programas de humor e de música como ‘Fondos Reservados’, presentado por Moncho Lemos, que ofrece os éxitos musicais das tres últimas décadas, lembrando anécdotas ou historias ocultas relacionadas con esas cancións; o espazo de humor e variedades ‘Como que non?’, conducido por Carlos Tresandí; ‘Consellería do Ritmo’, que ofrece unha serie de capítulos monográficos arredor dunha charla repousada de Tito Lesende cun artista no ámbito rock ou pop galego, e os concertos do ciclo ‘Galicia Emerxe’, entre outras propostas.

]]>
Novas RG Novas CRTVG
O equipo de 'Galicia Bonita' acomete este luns senllas reformas na Estrada e Arteixo https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-equipo-de-galicia-bonita-acomete-este-luns-senllas-reformas-na-estrada-e-arteixo Mon, 21 Jun 2021 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-equipo-de-galicia-bonita-acomete-este-luns-senllas-reformas-na-estrada-e-arteixo Santiago, 21.06.2021.- Televisión de Galicia ofrece de novo este luns dúas entregas do docu-reality de reformas ‘Galicia Bonita’ (22.25 h), programa que, liderado pola arquitecta Rosa Facal, especializada na recuperación de contornas no rural e o seu equipo, percorre Galicia na procura dos feísmos máis comúns para poder arranxalos.

Na primeira das reformas, que acometerán na Estrada, terán que facerlle fronte a todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo enfrontarase ás diferenzas de criterio dos propietarios, uns rapaces amadores da boa troula, e a unha climatoloxía moi cambiante.

A continuación, trasladaranse a Arteixo, á vivenda de Ana, Javier e Shaila, onde un enorme pendello acompaña un galiñeiro a piques de caer por si mesmo. Coa imprescindible axuda dos propietarios e dos seus colaboradores, a arquitecta deberá facer fronte a unha gran dose de amianto, bloque, somieres e inventos caseiros para recuperar a fermosa contorna que os rodea.

]]>
Novas TVG Programación TVG
A música, a apicultura e o contacto dos nenos cos animais centran as historias do rural de 'Cos pés na terra' https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-musica-a-apicultura-e-o-contacto-dos-nenos-cos-animais-centran-as-historias-do-rural-de-cos-pes-na-terra Sun, 20 Jun 2021 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-musica-a-apicultura-e-o-contacto-dos-nenos-cos-animais-centran-as-historias-do-rural-de-cos-pes-na-terra Santiago, 20.06.2021.-   Televisión de Galicia ofrece esta noite unha entrega de ‘Cos pés na terra’ (22.50 h), programa que dá a coñecer as apaixonantes historias de esforzo e tesón das persoas que cren no campo. Nesta ocasión, da man de Germán, un músico establecido no rural, o programa coñecerá a bo ritmo como é o seu día a día rodeado de animais, vexetais e, como non, dos instrumentos máis sofisticados.

O espazo visitará tamén a Noe, monitora da granxa-escola de Belelle, lugar perfecto para que os pícaros se poñan mans á masa e tomen contacto coas criaturas máis populares de Galicia.

Por último, ‘Cos pés na terra’ atoparase con Fernando, un abelleiro entre abellas que levará os espectadores polos carreiros que conducen á sabedoría apícola.

]]>
Novas TVG Programación TVG
O último da cantante gaditana Merche e do grupo galego Mon Band, esta noite en 'Bamboleo' https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-ultimo-da-cantante-gaditana-merche-e-do-grupo-galego-mon-band-esta-noite-en-bamboleo Sat, 19 Jun 2021 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-ultimo-da-cantante-gaditana-merche-e-do-grupo-galego-mon-band-esta-noite-en-bamboleo Santiago, 19.06.2021.- ‘Bamboleo’ (22.40 h) chega hoxe á Televisión de Galicia cunha convidada gaditana que triunfa como cantante e compositora. Merche visita o programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro nunha noite chea de diversión para todos os públicos. Xa son case 20 anos de aventura discográfica e, despois de vivir un ano complicado a causa da pandemia, a artista regresa con ‘La Diabla’, unha canción de son urbano en que amosa a súa versatilidade e capacidade de adaptación ás novas tendencias musicais. Coma sempre que visita ‘Bamboleo’, Merche participará dos xogos máis divertidos que os colaboradores do programa teñen preparados para ela e cantará outros éxitos da súa extensa carreira.

A banda galega Mon Band tamén visitará esta noite o programa despois da magnífica acollida que tivo nas plataformas dixitais. ‘La mejor versión de mi’ é o tema que interpretará o grupo liderado polo músico galego Mon Cancela.

Este sábado de festa estará amenizado por unha das grandes formacións da verbena galega, a orquestra Olympus, que ofrecerá unha selección de temas do seu repertorio.

No ‘Dirtidansi’, os actuais campións de España de bailes caribeños, Alberto e Mélani, chegan desde a Costa da Morte para realizar dúas fantásticas exhibicións de salsa e bachata. O ‘Agora ou Nunca’ terá como protagonistas dous cantantes de gran talento. Maika Lagarellos interpretará o tema ‘The show’, de Lenka, e Juan Carlos Terán un éxito de Carlos Vives: ‘Volví a nacer’.

Ademais, en ‘A Jrileira’, a sección de karaoke para entidades deportivas, participarán o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón e o Club Voleibol de Ourense. As súas representantes, Noelia e Johanna, cantarán ‘Ni tú ni nadie’, de Alaska, e adiviñarán intérpretes de cancións coa axuda de dúas compañeiras.

Por último, unha parella de namorados xogará en ‘A ITV do Amor’ e intentará confundir o seu rival para facerse co premio.

]]>
Novas TVG Programación TVG
O Río Breogán xoga o ascenso á ACB, en directo, nos medios públicos galegos https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-rio-breogan-xoga-este-domingo-o-ascenso-a-acb-en-directo-nos-medios-publicos-galegos Fri, 18 Jun 2021 16:44:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/o-rio-breogan-xoga-este-domingo-o-ascenso-a-acb-en-directo-nos-medios-publicos-galegos Santiago, 18.06.2021.-  Domingo multidisciplinar e emocionante nos medios públicos galegos, que acompañarán en directo os deportistas da nosa terra nas súas citas decisivas. A segunda canle da Galega e a web da CRTVG porán en marcha os marcadores, ás 12:00 horas, co desenlace dos cuartos de final da Copa de Campións na División de Honra xuvenil, entre a U. D. As Palmas e o R. C. Deportivo. O conxunto de Óscar Gilsanz intentará rematar unha temporada espectacular tras acadar o título da División de Honra. Nesta cita de volta, parte con vantaxe tras gañar na ida en Abegondo por 2-1. As Palmas buscará a remontada facendo valer a súa condición de local.

No tempo de ‘A liga das cidades’, ás 17:00 horas, poderase ver en directo a final do playoff da Terceira galega polo ascenso, que disputará o Arousa S. C. fronte á U. D. Somozas.

Continuando cos encontros de playoff, o baloncesto tomará a remuda nos medios públicos, a partir das 19:00 h, para ofrecer o terceiro e último partido polo ascenso á Liga ACB, que xogarán Coviran Granada-Río Breogán.

Os afeccionados ao rugby están tamén de parabéns este domingo, xa que os medios públicos galegos achegarán os partidos das fases semifinais e final da Copa da Raíña de rugby VII feminino, en que participa o Crat da Coruña entre unha ducia dos mellores equipos do rugby nacional a sete, desde o estadio coruñés de Elviña. Estes encontros poderanse seguir en directo ao longo de toda a xornada pola web da CRTVG e en diferido pola G2 (ás 14:00 h, semifinais;  ás 16:30 h, partido polo 3º e 4º posto, e ás 21:15 h, final).

E o luns continúa o deporte na G2, coa emisión en directo, a partir das 22.55 horas, dun novo encontro da Copa América, o que xogarán as seleccións do Uruguai e Chile desde o estadio Arena Pantanal.

]]>
Deportes
Arranca a programación de verán da G2, con maratóns de animación e series de éxito https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/arranca-a-programacion-de-veran-da-g2-con-maratons-de-animacion-e-series-de-exito Fri, 18 Jun 2021 14:25:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/arranca-a-programacion-de-veran-da-g2-con-maratons-de-animacion-e-series-de-exito Santiago, 18.06.2021.-  Previa á estrea dos agardados novos espazos que chegarán á TVG este verán, como a serie ‘Irmáns’ ou o concurso ‘Atrápame se podes’, a canle pública acompañará o inicio oficial da temporada estival co arranque este luns da nova programación de verán na G2. Entre as propostas, contidos para todas as idades: maratóns de series de animación infantís, series familiares de éxito; ou unha nova temporada do programa ‘Aquelando’, así como a emisión na G2 de ‘#ApuntamentoLusófono’, o espazo de #DígochoEu en Twitch que pode verse agora tamén en televisión.

Na oferta de animación para a rapazada destaca un maratón do programa de produción propia ‘A pita cega’, con series como ‘Tutú’, ‘As aventuras de Minchi’, ‘Os Axóuxeres’ ou as curtas de ‘Nós tamén creamos’. Continuará con propostas máis xuvenís, entre as que se atopa a serie ‘Miracle Tunes’, ‘Spirit’, ‘King Julien’, ‘Monster Allergy’ e ‘Rantaró’. Na franxa das tardes, ofreceranse novos maratóns de debuxos animados (‘Os Croods’, ‘Picapedra’ e ‘Peabody e Sherman’) e, na fin de semana, disporanse novos maratóns de ‘Os Bolechas’ e ‘Telmo e Tula’ para os máis pequenos da casa, do anime xaponés co ‘Detective Conan’ e da factoría Dreamworks con ‘Home’, amais das entregas de humor e as bromas por Galicia adiante de ‘Cámara Gag’.

Chega á G2 a nova temporada de ‘Aquelando’ e ‘#ApuntamentoLusófono’

A estrea da nova temporada de ‘Aquelando’, o recoñecido programa de divulgación científica, volverá fomentar o interese pola ciencia, cunha linguaxe amena e a combinación de actividades prácticas. Dun xeito entretido, ensínalle á audiencia a facer os seus propios experimentos e a desmontar falsos mitos.

Tamén o espazo ‘#ApuntamentoLusófono’ do #Dígocho Eu, que a CRTVG ofrece os mércores en Twitch, a plataforma de vídeos en directo, dá o salto os sábados á G2. En cada emisión, ofrécese unha conversa entre Esther Estévez e o actor portugués Rodrigo Paganelli, en que ela trata de aprender portugués e el, galego. Con esta iniciativa achéganse, de xeito lúdico, as semellanzas e diferenzas das dúas linguas ao público máis novo.

Series familiares, do oeste e humor

A G2 volve este verán á praia de Moledo a compartir aventuras e sensacións propias das vacacións con ‘Veran M’, serie coproducida pola TVG e a televisión pública portuguesa, cuxas tramas transcorren en Caminha.

O humor seguirá presente na canle pública tamén grazas ás cómicas situacións ambientadas no bar Suízo e ás ocorrencias de Miro Pereira. Así, cada día achegarase un maratón con divertidos capítulos de ‘Pratos Combinados’, unha das series familiares máis míticas dos medios públicos galegos. E a Galega tampouco se esquecerá dos amantes do wéstern e emitirá o clásico ‘O Virxiniano’, despois dunha longa ausencia na nosa pantalla.

Cómpre salientar, que a G2 continuará durante o verán acompañando, en directo, os equipos e os deportistas galegos nas distintas disciplinas. E por último, coa emisión do espazo ‘Onde collen dous’, os espectadores poderán coñecer o día a día, os segredos e os valores de catro familias moi dispares, a través de divertidas reportaxes.

Na foto superior, un momento das novas entregas de 'Aquelando', que pasa a chamarse este verán 'Aquelando con chispa'.

]]>
Novas CRTVG
‘Clac’ trae esta noite ‘Retornos’, cinema negro ambientado no rural galego https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/clac-trae-esta-noite-retornos-cinema-negro-ambientado-no-rural-galego Fri, 18 Jun 2021 09:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/clac-trae-esta-noite-retornos-cinema-negro-ambientado-no-rural-galego Santiago, 18.06.2021.-    O regreso do protagonista á súa vila para asistir ao enterro de seu pai é o punto de partida de ‘Retornos’, longametraxe galega participada pola Televisión de Galicia arredor da que xira esta noite na G2 o coloquio inicial do espazo de cinema ‘Clac’ (22.55 h). Para este cometido, hoxe visitarán o estudio o director do filme, Luís Avilés, e o actor Xavier Estévez, que afondarán nesta longametraxe, que mestura a tradición do cinema negro e o thriller para contar unha historia que se desenvolve no rural galego.

A presentadora e directora do programa, a xornalista Tania Fernández Lombao, conversará con Luís Avilés sobre emigración e prostitución como eixes temáticos en que se inspirou para esta produción, para o que desenvolveu un fondo traballo de documentación. Xavier Estévez, pola súa parte, avanzará as estratexias coas que deseñou a súa personaxe e relatará como afrontou un papel de máxima relevancia, xa que é a única película en que foi protagonista   

Producida por Vaca Films en 2010, a película artéllase arredor do retorno na busca de redención de Álvaro, quen, tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila para asistir ao enterro de seu pai. O protagonista intentará aproveitar a volta para reconciliarse co seu irmán e para recuperar a súa filla Mar, pero non será doado. Todo se complica cando atopa unha moza morta na estrada e comeza unha investigación que o levará a sospeitar de todo o mundo nunha vila onde parece que todos teñen algo que agochar.

Na longamentraxe, rodada integramente en Galicia, intervén un elenco formado por actores coma Xavier Estévez, Manuela Vellés, Emilio Gutiérrez Caba ou Xosé Manuel Olveira ‘Pico’.  Ademais do coloquio e a proxección da película, o espazo incluirá unha sección con información da actualidade cinematográfica e da carteleira.  


]]>
Novas TVG
A Copa América volve esta madrugada á TVG, en directo, coa cita da Arxentina fronte ao Uruguai https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-copa-america-volve-esta-madrugada-a-tvg-en-directo-coa-cita-da-arxentina-fronte-ao-uruguai Fri, 18 Jun 2021 08:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-copa-america-volve-esta-madrugada-a-tvg-en-directo-coa-cita-da-arxentina-fronte-ao-uruguai Santiago, 18.06.2021.- Nova cita da Copa América na Televisión de Galicia, que ofrecerá esta noite o debut no torneo do Uruguai ante A Arxentina. Ás 1:50 horas, na madrugada do venres ao sábado, a canle pública galega transmitirá en directo este novo encontro que se disputa no estadio Mané Garrincha de Brasilia.

Tras o empate coa selección chilena, A Arxentina, dirixida por Lionel Scaloni, o exdeportivista, afronta hoxe este segundo partido correspondente ao Grupo A, onde tamén compiten Bolivia, Chile e O Paraguai. A selección uruguaia, pola súa banda, sempre ten algo que dicir na Copa América, onde o conxunto celeste é que o ostenta máis vitorias a nivel continental, con 15 campionatos, superando A Arxentina (14) e O Brasil (9). Un partido en que os espectadores poderán ver fronte a fronte a algúns dos mellores xogadores do mundo, como Leo Messi, Di María, Agüero, Luis Suárez, Federico Valverde, Rodrigo Bentancur e Edinson Cavani.

Nesta 47 edición da Copa América, principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur, participan dez seleccións –A Arxentina, Bolivia, O Uruguai, Chile, Paraguai, O Brasil, Colombia, Venezuela, O Ecuador e O Perú-, logo das baixas de Australia e Qatar. A final do torneo xogarase no mítico Maracaná do Río de Xaneiro.

]]>
Deportes