Libros recomendados https://www.crtvg.es Libros recomendados Copyright 2023 Fri, 08 Dec 2023 20:31:51 +0100 Fri, 08 Dec 2023 20:31:51 +0100 gl https://www.crtvg.es https://www.crtvg.es/static/img/rss_logo_crtvg.png Libros recomendados 'Teño uns pés perfectos' https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/teno-uns-pes-perfectos-de-maria-solar Mon, 11 Jan 2016 16:49:00 +0100 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/teno-uns-pes-perfectos-de-maria-solar Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo

Editorial Kalandraka

 

Máis noticias:

 

]]>
"A historia de Parche" https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-historia-de-parche Fri, 26 Jun 2015 11:12:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-historia-de-parche O meu pesadelo favorito https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-meu-pesadelo-favorito Tue, 16 Jun 2015 14:07:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-meu-pesadelo-favorito "O meu pasadelo favorito" de María Solar

Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo.

Premio Lazarillo 2014

Editorial: Galaxia

]]>
Xogos musicais de Luis Prego. Cumio https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/xogos-musicais-de-luis-prego-cumio Tue, 22 Apr 2014 17:19:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/xogos-musicais-de-luis-prego-cumio Éste é un libro-disco con moito ritmo, xa que ten unha morea de xogos e cancións de sempre, das de toda a vida, as que nos cantaron desde o berce e as que nos acompañaron nos xogos cos amigos e cos compañeiros da escola. Un libro para cantar e xogar toda a familia xunta.

]]>
A pantasma da casa da Matanza de Miro Villar. Biblos https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-pantasma-da-casa-da-matanza-de-miro-villar-biblos Tue, 22 Apr 2014 17:15:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-pantasma-da-casa-da-matanza-de-miro-villar-biblos A sombra desta historia é especial, porque é a sombra que viviu na casa da matanza, a casa de Rosalía de Castro, e neste conto rimado cóntanos a súa experiencia. 

]]>
Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro. Xerais https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/un-rato-dixolle-a-lua-de-antonio-garcia-teijeiro-xerais Tue, 22 Apr 2014 17:04:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/un-rato-dixolle-a-lua-de-antonio-garcia-teijeiro-xerais Non te poderás resistir a estos poemas cheos de tenrura e delicadeza, e tamén de humor:

"un rato díxolle á lúa: nunca reparas en min, por eso vivo na rúa, metido nun calcetín"...

Trátase dunha antoloxía de poemas acompañado dun CD con tres poemas musicados e interpretados por Paco Ibáñez. Son poemas musicales, poemas para nenos e adultos que aman da poesía. 

Máis información en Xerais

]]>
Para facer o retrato dun paxaro https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/para-facer-o-retrato-dun-paxaro Tue, 27 Aug 2013 14:39:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/para-facer-o-retrato-dun-paxaro
  • Autor: Jacques Prevert (texto) Mordicai Gestein (ilustración)
  • Tradutor: Fernando Moreiras
  • Editorial: Factoria K de libros
  • Ano: 2011 
  • Sinopse:

    Un lenzo, unha paleta de cores e un pincel bastan para trazar as liñas da gaiola na que se acabe pousando o noso paxaro. Unha espera paciente, que pode ter a súa recompensa se a ave nos agasalla co seu canto. 

    ]]>
    Palabras de auga https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/palabras-de-auga Tue, 30 Apr 2013 16:14:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/palabras-de-auga
    • Autor: Marcos Calveiro. 
    • Ilustrador: Ramón Trigo.
    • Editorial: Xerais.
    • Colección: Merlín.
    • Ano: 2012

    Sinopse:

    Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia. E, de fondo, a dor máis profunda, o sufrimento de perder un ser querido sen ser a morte quen cause este sentimento; porque hai moitos xeitos de morrer, ou moitas maneiras de marchar. E nese fondo, dicimos, está a guerra, a explotación, ese lado do ser humano que nos achega aos animais para esquecérmonos de sentimentos e corazón. 

    vía Blog Trafegando Ronseis

    ]]>
    O corazón de Xúpiter https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-corazon-de-xupiter Tue, 30 Apr 2013 14:46:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-corazon-de-xupiter
  • Autora: Ledicia Costas
  • Editorial: Xerais.
  • Colección: Fóra de Xogo.
  • Ano: 2012.
  • Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuveni 2012
  • Palabras clave: Amizade, Ciberespazo, Amor, Drama.
  • Sinopse:
    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas.

     

    ]]>
    A punta de pistola https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-punta-de-pistola Fri, 07 Dec 2012 17:49:00 +0100 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/a-punta-de-pistola
  • Autor: Fran Alonso
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Fóra de Xogo
  • Ano: 2012
  • Palabras clave: Intriga, Suspense
  • Público: De 14 anos en diante
  • Sinopse

    A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores.

    Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.

    Fonte: Blog Editorial Xerais

     

    ]]>
    Rugando https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/rugando Wed, 24 Oct 2012 20:01:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/rugando
    • Autor: Celia Díaz Núñez.
    • Editorial: Deputación Provincial de Ourense
    • Ano: 2012

    Sinopse: 

    Novela xuvenil na que nos propón unha historia en dous tempos: o noso presente e os comezos do XIX, nos anos previos á desamortización de Mendizábal. Un relato ambientado nas altas terras do sur de Lugo, concretamente no lugar quirogués que dá nome ao libro. 

    Tomado de: Blog Rugando.

    ]]>
    Miguel Strogoff https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/miguel-strogoff Wed, 17 Oct 2012 19:55:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/miguel-strogoff
  • Autor: Jules Verne, trad. Ánxela Gracián. Il: Carlos Silvar. 
  • Editorial: Baía Edicións.
  • Ano: 2012
  • Sinopse: 

    Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.

    Tomado de : Blog Baía Edicións.

    ]]>
    Rosa Caramelo https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/rosa-caramelo Wed, 10 Oct 2012 18:32:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/rosa-caramelo
  • Autor e Ilustrador: Adela Turín, Nella Bosnia.
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Tras os montes
  • Ano: 2012
  • Sinopse: 

    Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impórlle ese aspecto, poderá por fin descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.

     

    Tomado de: Blog Editorial Kalandraka

     

    ]]>
    Centauros do norte https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/centauros-do-norte Tue, 18 Sep 2012 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/centauros-do-norte  

    • Autor: Marcos 
    • Editorial: Edebé - Rodeira
    • Colección: Punto de encontro.
    • Ano: 2011
    Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico.  Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral  Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e  unha moza india, Reina Huarte. Con eles, e coa súa inseparable trompeta, percorrerá o estado de Chihuahua entre emboscadas, trens e disparos polo deserto baixo o obxectivo da cámara dun novo director americano, Raoul Walsh.  
    Unha aventura que marcará a Rafael para sempre e  da que non coñeceremos o seu desenlace ata moito anos despois nun estudio de cine de Hollywood.

     

    ]]>
    O neno can https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-neno-can Tue, 11 Sep 2012 00:00:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-neno-can  

    • Autor:Fina Casalderrey , Francisco Castro.
    • Editorial: Galaxia.
    • Colección: Libros singulares e fóra de colección
    • Ano: 2012

     

    O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.

    Vía Blog Editorial Galaxia

    ]]>
    O peizoque Roque https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-peizoque-roque Tue, 04 Sep 2012 15:46:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-peizoque-roque  

    • Autor e Ilustrador: Dores Tembrás, Xosé Tomás.
    • Editorial: Galaxia.
    • Colección: Árbore. Os duros.
    • Ano: 2012
    O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. Os versos que compoñen o libro están cheos de musicalidade e ritmo, como o propio "colage" das ilustracións, un ritmo sustentado na Palabra como eixo e como sustento, posto que este paxariño que adoraredes coa lectura vai atesourando e acumulando palabras que lle ofrece o universo que el coñece e que logo compartirá con seus irmáns, porque son as palabras símbolo de amor e de saber, nesa referencia implícita á cultura que debemos reforzar dende que somos pequerrechos. 

     

    ]]>
    Mortos e ningures https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/mortos-e-ningures Wed, 27 Jun 2012 18:38:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/mortos-e-ningures

    • Autor: Pereledi (Ledicia Costas, Pere Torabuela); Ilustrador: Antón Meixide.
    • Editorial: Everest.
    • Colección: Punto de encontro.
    • Ano: 2011
    • Palabras clave: Intriga, misterio, sociedade.
    • Recomendado para 12 anos en diante.
    Sinopse

    En Mortos de ningures nárrase o caso dos mortos “ningurenses”. A inspectora Nola, coa colaboración do seu gato Lolo, debe reconstruír o acontecido na cidade de Todures, onde aparecen varios mortos da localidade veciña de Ningures que comparten unha característica: todos eles deixan correr sangue verde. Os autores propoñen unha historia de intriga cunha trama que combina doses de crítica social coa posta en cuestión de diferentes hábitos da vida actual. As ilustracións de Andrés Meixide son o contrapunto deste texto de diálogos vivos e linguaxe directa.

    Tomado de: Galician books for children & young adults 2012. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.

     

    ]]>
    Bocadillos e sándwiches https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/bocadillos-e-sandwiches Wed, 20 Jun 2012 18:26:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/bocadillos-e-sandwiches  

     

    • Autor: Xenxo Pereiro, Fotógrafo: Tono Arias.
    • Editorial:Ouvirmos.
    • Colección: Cociña infantil e familiar. 
    • Ano: 2011
    • Palabras chave: Cociña, nenos, receitas.
    • Público: De 8 anos en diante.

     

    Sinopse: 

    Ouvirmos bota a andar a colección “Cociña infantil e familiar” coa publicación do volume Bocadillos e sándwiches. A través deste libro de receitas, e dos nove restantes que completarán a colección, descúbreselles o mundo da cociña aos máis pequenos como actividade lúdica e creativa. A sinxeleza das receitas descritas paso a paso polos mestres cociñeiros e a calidade das fotografías animarán aos cativos e cativas a participar na preparación de todo tipo de pratos en familia e a dar os primeiros pasos neste mundo de posibilidades infindas.  

    Tomado de: Galician books for children & young adults 2012. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.

     

    ]]>
    O papaventos de Laura https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-papaventos-de-laura Wed, 13 Jun 2012 16:48:00 +0200 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/o-papaventos-de-laura
  • Autor e Ilustrador: María Canosa, Daniel Iglesias Padrón
  • Editorial: Deputación de Ourense
  • Ano: 2011
  • VIII Premio de Literatura Infantil “Pura e Dora Vázquez”.
  • Sinopse

    Laura recibe un fermoso agasallo do seu padriño: un papaventos con forma de barco pirata. Un día foi voalo á praia e escapoulle, pero recuperouno chamando por el (xa que se lle ocorrera bautizalo co nome de “Pluma Negra”). 

    O papaventos contoulle que quedara enleado nunha nube. Grazas ao seu novo amigo, a protagonista saberá sempre das historias das nubes: as súas reunións, a decisión de que no verán chovan flores en troques de auga, a chuvia de soños fantásticos, a competición de formas que organizaron, etc. 

    Tomado de: Galician books for children & young adults 2012. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.

     

    ]]>
    Cos ollos na lúa https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/cos-ollos-na-lua Tue, 21 Feb 2012 15:42:00 +0100 https://www.crtvg.es/infantil/ademais/libros-recomendados/cos-ollos-na-lua
  • Autor: García Teijeiro, Antonio ; Ilustrador: Noemí López.
  • Editorial: Everest
  • Colección: Ler é Vivir.
  • Ano: 2010
  • Dark (un can brango e negro) e Noa (a súa ama) forman unha parella que a pesar das súas diferenzas cultivan unha fermosa amizade basada na confianza, na complicidade e no agarimo.

    Xuntos confiaranlle cada noite á lúa os seus segredos máis importantes e xuntos, reflexionan sobre temas de grande interese social, como a xenofobia e o maltrato. Trátase dunha tenra e conmovedora historia, tanto polo que ten de real como polo que ten de imaxinario.

    ]]>