Kiko Novoa

Kiko Novoa

"Ese neno pasa o día comunicando", laiábanse os que telefonaban a casa. Con esa folla de servizos era evidente ao que apuntaba Kiko Novoa: ou a inventar o teléfono móbil ou a vivir de contar historias. Como a cabeza non lle deu para o primeiro, pensou que era máis rápido darlle ao latrique, comunicar. E aquí estou. Teño a sorte de vivir para falar (e non do contrario) e de facelo na lingua da miña xente. De 6 a 12 da mañá conto cousas na Radio Galega: o que pasa aquí e o que pasa acolá. No Galicia por Diante non lemos historias, murmurámoschas ao oído, para que as entendas ben e as compartas connosco. Son seis horas de radio sen rede, coa inconsciencia que dá non saber que pasará no minuto seguinte.  E iso gústame. Gústame contar cousas, pero sobre todo que mas contes.  Gústame a xente, a que traballa comigo na radio sen descanso para que todo estea feito ao detalle e a que o fai ao outro lado, onde estás ti. Gústame falar. Gústame escoitar. Si. Gústasme ti e o Galicia por Diante.

Compartir en Facebook