CRTVG

Buscar
Ondas Indies
Suscríbete a
Ondas Indies

Ondas Indies

Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.

Desde o  produto máis fresco dos nosos artistas actuais ata o daqueles sons deste territorio que quedaron no esquecemento e que aquí se van recuperar. Un pequeno concerto acústico en formato entrevista, a play list de algún dos nosos famosos, o disco da semana, ou as peticións e preguntas dos ouvintes serán parte do universo de Ondas Indies sempre co obxectivo de que a música feita por galegos e na súa meirande parte no noso idioma atopen un oco na programación de Radio Galega Música.

 Este programa nace coa idea de que toda esa música Indie pop que se está facendo en Galicia teña cabida así como todo o que as salas de concertos galegas están traballando para que esta comunidade non quede a marxe das xiras das grandes bandas indies internacionais, ou as produtoras que se esforzan na confección de festivais de música que supoñen unha forma máis de achegamento da nosa música ao público.