CRTVG

Buscar
A lista negra
Suscríbete a
A lista negra

A lista negra

A Lista Negra é o espazo de Eduardo Herrero reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega Podcast. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do Delta, o blues de Chicago, o blues texano, o country blues, o blues rock, o blues de Nova Orleáns, o blues británico...   Ademais, na Lista Negra haberá sitio tamén para o blues galego. Cada semana, un solista ou banda poderán presentar o seu xeito particular de sentir e achegarse ao blues desde a nosa terra. Un bo escaparate para artistas que non teñen tanta visibilidade como os que se decantan por xéneros máis comerciais.