CRTVG

Buscar

Podcast

Panamá: Moito máis aló do canal, con Nadia Corbeira

26/06/2021 - 06:04 h

No capítulo 32 de Lambóns de Viaxe acompañamos a Nadia Corbeira, xornalista en CRTVG e autora de trotandomundos.com, ata Panamá. Descubriremos nesta ocasión un país en que sorprende a natureza, as súas selvas tropicais e a súa diversidade étnica e cultural. Exploramos un destino que adoita vivir á sombra turística doutros países como Costa Rica pero que se converte nunha opción moi interesante para os que escapan dos destinos clásicos e máis masificados.

Ademais de ver o máis turístico do país, Cidade de Panamá, o canal e as illas da costa caribeña, descubriremos os outros grandes atractivos que agocha o país. Pasearemos polos seus parques naturais, visitaremos o volcán Barú e cruzaremos ata a costa pacífica para bucear en Illa Coiba e para bañarnos no golfo de Chiriquí.