CRTVG

Buscar

Podcast

A divulgación científica en Galego chega a Twitch

25/03/2021 - 00:04 h

Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”.

Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo rurALLURE H2020 de promoción dos museos rurais na contorna das rutas europeas de pregrinaxe.

 

 

Espazo de información científica