CRTVG

Buscar

Podcast

Especial Diario Cultural no OUFF

27/09/2021 - 17:04 h

O Diario Cultural na Tarde de hoxe toma a hora enteira e fai un programa especial dende o Ourense Film Festival, onde Belén Regueira e Vituco Neira conversan con Xosé Manuel Rodríguez González, comisario da exposición "Antencióooon. Rodamos en Ourense!!"; co director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández; coa presentadora do estudo sobre mulleres no audiovisual de CIMA, Mariana Carballal; con Alfonso Blanco, de Portocabo, premio Ourense neste festival; con Iván Trujillo, presidente do xurado; con Andrea, unha das voluntarias que colaboran neste OUFF; con Nicolás Echevarría, dos obradoiros de Carlos Velo; con Paulino Pérez, coordinador do Fas Muvis, e coa integrante do xurado, Manane Rodríguez.