Panorámica
As bandeiras azuis en 2019
Galicia é a segunda comunidade española con máis bandeiras azuis. Este ano ondearán 107 nas praias e 12 nos portos deportivos.
Un concello galego, Sanxenxo, é o municipio español con máis bandeiras, pero este ano tamén hai ausencias sonadas. Nigrán sumouse aos concellos que renuncian a solicitar estes distintivos.
Do significado e repercusión das bandeiras, dos requisitos que hai que cumprir para obtelas e do porqué das renuncias fala esta reportaxe de Mari Pereira.