CRTVG

Buscar

Panorámica

Os amaños de partidos no fútbol español

08/06/2019 - 14:22 h

En España hai nove procesos xudiciais abertos por amaños de partidos de fútbol. Na última temporada, a Liga presentou 39 queixas tras as alarmas nas casas de apostas. O fútbol profesional e tamén o máis modesto están no punto de mira.

A última redada contra os amaños, a operación Oikos, destapa unha  trama en que, presuntamente, estan implicados ex-xogadores e profesionais de primeira e segunda división. Os beneficios para as empresas do xogo en liña alcanzan os 750 millóns por ano.

Noutros países houbo sentenzas condenatorias polo apaño nos resultados. En España, malia as instrucións, aínda non foi ninguén á cadea.

Raúl Villares repasa algúns destes procesos.

Cortes dos diferentes programas da RG