Panorámica
A comunicación política en campaña electoral
Nas últimas campañas electorais vimos como se foron incorporando ás redes sociais as mensaxes emitidas por políticos e partidos. Individualizar o votante e facelo partícipe na expansión da mensaxe é un dos obxectivos que permite, ademais, lograr un custo cero para as organizacións en auxe.
Se no 2008 Twitter e o uso do big data foron protagonistas da campaña de Obama, nas campañas que se aproximan todo apunta a que será WhatsApp. Canles de natureza opaca que impiden, en moitas ocasións, que as informacións sexan contrastadas. Un traballo de Nuria García Guillín.