CRTVG

Buscar

Panorámica

Desconectados das redes sociais

01/06/2019 - 14:36 h

Din os estudos que, de media, miramos o móbil unhas 150 veces ao día e que máis da metade dos usuarios ten pánico a esquecer o teléfono na casa ou quedar sen batería. A tecnoloxía, que nos pode facer a vida máis doada, tamén pode chegar a converterse nun problema, nunha adicción.

De feito, din os psicólogos que cada vez hai máis xente que acode a eles para desengancharse das pantallas e concretamente do móbil. Pero, ao mesmo tempo, colle forza a tendencia oposta: a dos desconectados. Persoas que elixen vivir á marxe do móbil, de Internet, das redes sociais..., por vontade propia. Parece imposible, pero pódese facer.  Un traballo de Mónica Rebolo.

Cortes dos diferentes programas da RG