Panorámica
Opositores en Galicia
En Silleda están convocadas máis de 20.000 persoas nas oposicións de acceso á Xunta.
No Recinto da Feira Internacional de Galicia, realizáronse os exames do corpo superior A1 e do corpo auxiliar C2 da Administración Xeral e mañá faranse os do corpo de xestión A2 e da categoría de camareiro-limpiador/ axudante de cociña.
A Xunta tamén convocou hai pouco as oposicións en Educación, un total de 2.064 plazas en 36 especialidades. O exame, ao que o ano pasado se presentaron máis de 16.500 persoas, será en xuño.
Pero, por que motivo se presenta tanta xente a unhas probas onde, en proporción, as prazas ofertadas son moi poucas? Unha reportaxe de Sheyla Bermúdez e Isidro Cea.