Panorámica
O despoboamento do rural
Máis de dúas mil aldeas galegas están sen xente. Deshabitadas. Outras tantas están a piques de perder os seus últimos veciños.
O despoboamento do rural pon en perigo comarcas enteiras e tamén un modo de vida. O problema non é novo, vén de vello. E as solucións tamén hai tempo que se buscan.
Institucións, asociacións, particulares…. Estase loitando dende moitos eidos para que non desapareza o noso rural.
É unha reportaxe de Mónica Rebolo.