Panorámica
As orquestras
As orquestras galegas son parte imprescindible das festas, sobre todo no verán. Dan traballo directa e indirectamente a miles de persoas e moven cada ano máis de sesenta millóns de euros. Durante o verán traballan case sen descanso. Pero entre os impostos, a parte que leva a SGAE e os requisitos que impón a lei de espectáculos, no sector din que organizar verbenas é cada vez máis caro e complicado. Advirten que este ano hai crise.
Unha reportaxe de Rocío González.